Museo

Museo do mel

As abellas forman unha das sociedades máis perfectas e organizadas que creou a natureza, na que cada membro ten un papel asignado. En cada colmea pode haber dende 30 a 50.000 abellas que se dispoñen nunha xerarquía, na cúspide está a reina, logo as obreiras, e os zánganos.

Se queres coñecer máis acerca do fascinante mundo das abellas, na parroquia de Alaxe atópase o Museo do Mel, onde o visitante poderá coñecer o proceso da súa elaboración. Dispón de materiais didácticos e de ferramentas imprescindibles para o traballo da apicultura. O mel é un dos produtos máis representativos do Valadouro. As características naturais do val e a súa escasa contaminación, propiciaron que o mel se convertese nun produto delicatesen. No museo pode adquirirse “Mel O Trobo”, o cal destaca por recibir varios premios.

Recoméndase poñerse en contacto co museo antes de realizar a visita.

Teléfono: 626 162 791 (Mari Fe).