Natureza

Fervenza do Escouridal

Unha das xoias da natureza que esconde o interior, ademáis ten o calificativo de ser unha das fervenzas máis altas de Galicia. As augas do río Guilfonso caen entre tobogáns de rocha granítica formando esta impresionante salto de auga duns 80m. Fai de límite xeográfico entre os concellos de Alfoz e O Valadouro e atópase na falda da Serra do Xistral.

Fervenza da Torez

Situada na parroquia de Santo Tomé e provinte do rego do Penido Novo. Un mundo de auga, fentos e raíces de árbores que caen ao precipicio formado por rocha pura.

Pozo da Onza

O rego de Valdeinfernos ou Val dos Infernos, que nace moi próximo á Serra do Xistral, creou esta marabilla natural de máis de 15m de altura. Aos seus pés fórmase un magnífico remanso de auga en forma de poza.

Serra do Xistral

É un espazo recoñecido como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo seu interese natural e paisaxístico. Cunha extensión de 22,964 ha aproximadamente, está ubicada na Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e é unha Zona de Especial Conservación (ZEC) da Rede Natura 2000 que comprende hábitats de gran valor e unha gran diversidade de fauna e flora. Dende alí poden observarse unhas impresionantes vistas que abranguen dende as costas de Galicia e Asturias ás innumerables montañas do interior. O Pico do Cadramón, é a montaña máis alta da Serra do Xistral, con 1056 m de altura.

Fraga da Furna

Localizada na Serra do Xistral (O Cadramón), é unha das mellor conservadas do norte de Galicia, debido á súa localización nun entorno pouco frecuentado. Destaca a súa riqueza paisaxística onde predominan os acevos. Dise que as pedras que inundan esta fraga puideran ser o rastro dun antigo glaciar.

Fraga das Lerias

Situada entre as parroquias de Frexulfe e O Cadramón, conserva toda a intensidade das fragas típicas de Galicia. Nela abundan carballos, árbores autóctonas e regatos.