Igrexas e Pazos

Capela de Santa Filomena

Trátase dunha das capelas máis antigas da comarca (s.XI), mostra das primeiras etapas do románico rural galego e está situada na parroquia do Cadramón. Construése grazas a unha doazón no s.X do rei Ordoño II ao obispado de Britonia. Da edificación primitiva consérvase o presbiterio e os sete canecillos esculpidos baixo a cornisa exterior, así como pinturas góticas do século XVI nun dos seus muros interiores.

Igrexa parroquial de San Xurxo do Cadramón

Construída no ano 1860, consta de nave rectangular con presbiterio cadrado, ao que se adosa na parte posterior da sancristía. Ten un pórtico lateral que se sostén sobre cinco pilastras. Na fachada principal hai unha espadana de dous vans, ademáis dunha portada adintelada, a diferenza da espadana dun só van presente no muro dereito da sancristía. Consérvase o retablo de estilo neoclásico da capela maior.

Igrexa de Santa Cruz

É coñecida como Catedral do Valadouro e data do ano 1667. Aséntase sobre os restos dun antigo templo visigótico, que á súa vez, foi levantado sobre un antigo asentamento castrexo. O seu dintel de talla barroca policromada representa a Adán e Eva flanqueando ao demo, facendo alusión ao pecado orixinal. Destaca a súa torre campanario e un reloxo sobre a parte superior. No seu interior destacan os retablos de estilo neoclásico e o seu retablo maior de estilo barroco.

Capela da Casela

Foi construída a principios do século XVIII según a inscrición no interior da mesma. Está situada na parroquia de Santa Cruz. Consta dunha espadana dun só van e unha pequena cruz sobre a mesma. A portada consta dun frontón triangular partido e un escudo de armas. A cada lado da porta, dous óculos. Dentro atópase a imaxe da Virxe do Carme e a ambos lados, Santo André e San Xosé.

Igrexa parroquial de San Xoán de Alaxe

Construída no século XVIII. Consta de tres naves, cruceiro, capela maior e dúas sancristías. As naves van separadas por dous arcos de medio punto a cada lado e a cuberta do templo é de madeira. Destaca a súa torre barroca, de dous corpos con balaustrada de pedra e coronada por unha cúpula semiesférica. A dita torre ascéndese por una escaleira de caracol.

Igrexa parroquial de Santa María de Ferreira

Data dos anos 20 do siglo pasado e nela venérase a Santa María. A súa construción foi promovida grazas ás doazóns de emigrantes na Habana, quenes remitiron os fondos necesarios para a finalización do templo ao longo dos 50 anos que durou a súa construción. O templo é de estilo neogótico e conta cunha imaxe en pedra da Maternidade. Esta imaxe apareceu enterrada no ano 1995 na zona de paso á sancristía da igrexa tras realizar unhas reformas. A construción do templo foi iniciada en 1908 e finaliza en 1962.

Igrexa parroquial de Santo Tomé de Recaré

Igrexa do século XIX edificada sobre un antigo templo do século XII, que previamente ocupou o lugar dun asentamento castrexo. O templo actual de granito (1852) é de estilo neoclásico. No seu muro exterior dereito pode lerse sobre o dintel da súa segunda porta lateral “Una de dos o no entrar aquí o alabar a Dios”. No interior aprécianse tres retablos, aínda que destaca o retablo de estilo neoclásico presente no altar maior.

Igrexa parroquial de San Xiao de Recaré

Construída no ano 1700, tal e como reflexa o muro exterior dereito da nave, aínda que existe unha lápida sobre a súa fundación que data do ano 1611. Na porta principal pode lerse: Igrexa de Refuxio. Consta dunha nave, arco triunfal, capela maior e sancristía situada ao lado esquerdo desta. O seu retablo é de estilo barroco.

Igrexa de Santa Eulalia de Frexulfe

Foi edificada sobre os restos dunha igrexa anterior, a cal ocuparía o que hoxe corresponde ao presbiterio. Según figura na inscrición localizada sobre a porta da fachada principal, a súa construción data do ano 1779. Esta igrexa é un exemplo de transformación barroca das antigas ermitas, que foron ampliadas durante o auxe económico do século XVIII.

Igrexa parroquial de Santa María de Vilacampa

Data do século XVII, aínda que foi reformada en varias ocasións. Este templo, ao igual que a Igrexa de Santa María de Ferreira, viuse beneficiado polas doazóns de emigrantes como Joaquín Díaz Villar. O seu retablo maior é de estilo popular xaspeado con imaxes da Virxe co Neno, ao igual que o retablo dereito con imaxes da Dolorosa. En 1956, por orde do obispo de Mondoñedo, colocouse un busto de mármol de Joaquín Díaz Villar no atrio da igrexa parroquial como agradecemento pola súa doazón.

Igrexa parroquial de Santa Eulalia de Budián

Foi construída no século XVII, aínda que foi reformada recentemente. Conta cunha pranta de cruz latina e está dividida en tres naves separadas por tres arcos de medio punto. Conta cunha sancristía adosada ao lado dereito do presbiterio, aínda que tamén se proxectou unha segunda no lado esquerdo que acabou convertíndose nun arco cegado. A capela maior ten un retablo de estilo neorrománico, o dereito é de estilo renacentista e o esquerdo de estilo neoclásico.

Igrexa parroquial de Santo Estevo de Moucide

É representativa de todo o val polo seu carácter rural e estilo popular, xa que conserva integramente a súa estrutura orixinal. Consta dunha soa nave rectangular coa capela maior cadrada e unha sancristía. Para acceder á espadana débese subir por unha escaleira exterior. Conta con catro retablos, tres deles de estilo barroco e un de estilo popular.

Pazo de Gradaílle

É do século XVI e constitúe o único pazo que se conserva no Valadouro. Ten una capela e establo. Na súa fachada principal pódese distinguir o escudo de armas de doble blasón das familias Bolaño e Saavedra, quenes foron propietarios do pazo no pasado. Ubícase no antigo Camiño Real que conduce a Viveiro. Actualmente é de propiedade privada. 

Casa Torre de Parga

No núcleo de A Torre levántase unha das famosas Casa Torre de Recaré, vestixio das Revoltas Irmandiñas do século XV. Foi propiedade do Mariscal Pardo de Cela. A construcción sufriu ao longo dos anos evidentes transformacións alterando o seu estado orixinal. Conta coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) dende 1994. Actualmente é de propiedade privada.