Onde Informarse
O concello do Valadouro atópase situado no norte da provincia de Lugo e no corazón interior da Mariña Lucense. Ten unha superficie de 110km2 e está dividido en 10 parroquias: O Cadramón, Frexulfe, Santo Tomé, Recaré, Santa Cruz, Ferreira, Alaxe, Vilacampa, Budián e Moucide.
A nomenclatura do concello débese á chegada dos romanos ao val, quenes o denominaron Valle Auris, atraídos polo ouro e os metais preciosos. Actualmente, O Valadouro conta cun importante patrimonio cultural e artístico, con recursos singulares como o Dolmen de Santo Tomé, o Prado das Chantas ou a Capela de Santa Filomena.
En plena Reserva da Biosfera, destaca a presenza de manadas de cabalos salvaxes, protagonistas cada ano na celebración da ancestral Rapa das Bestas. Son moitos os paraxes naturais que o visitante pode descubrir neste territorio, como a Fervenza da Torez, a Fervenza do Escouridal, no corazón da Serra do Xistal, ou a ruta dos Pozos que nos levará a coñecer o Pozo da Onza.
A súa ubicación privilexiada e unha escasa contaminación da lugar a productos autóctonos de gran calidade como o mel, a castaña, a troita… que serán exaltados en citas gastronómicas tan populares como a Feira do Mel.
Queres saber máis?
Oficina de turismo municipal. Avenida Deputación, 6 (Casa da Cultura)
Horario:
Verán: martes a sábado de 10h a 14h e de 16:30h a 20h
Resto do ano: luns a venres de 10h a 14h e de 16:30 a 20h
Teléfono:
982 571 516 (ext. 3)
Correo electrónico:
turismo@valadouro.gal
